domingo, 26 de julio de 2015

PEQUENA REFLEXIÓN DO PRIMER MÓDULO DO CURSO DE POSGRADO EN ORIENTACIÓN LABORAL

Estrella Rodríguez Rodríguez

¿Qué decir de este primer módulo?, pois ben, considero que os temas que o conforman son de vital importancia e de interese para todos os orientadores/as laborales, xa que nos presenta a realidade na  cal se desenvolve o noso traballo como orientadores/as. Explicándonos e dándonos información básica  para a nosa profesión.

Comenzando polo tema un, marco de referencia da orientación laboral, donde se nos presentan os conceptos básicos e se nos da a coñecer o ámbito e funcionamento no cal se desenvolve a nosa profesión. Presentasenos o Sistema Nacional de Emprego e o Servizo Público de Emprego Estatal,o marco actual da política de emprego en España, o cal nos recorda a base e principio da nosa profesión como orientadores/as que é a atención ás persoas en situación de desemprego.  E por último nos da Estratexia  Europea de Emprego (EEE) que constitúe o  programa anual de planificación e seguimento das Políticas dos  Estados membros con obxecto de coordinar os instrumentos que se utilizan para combater o desemprego.

A continuación, como non podía ser de outro modo, introducimonos nos conceptos básicos do mercado laboral. Plantéxasenos o que é o marco conceptual dos elementos que compoñen o mercado de traballo (oferta de traballo, demanda de traballo,equilibrio no mercado de traballo, así como causas e efectos do paro). Dásenos a coñecer a EPA como principal indicador do mercado de traballo, mostrasenos os diferentes e principais tipos de desemprego, así como o mercado de traballo actual e a súa normativa e os instrumentos e ferramentas para o seu estudio.





O tema tres, certificación e formación profesional, considero que é un dos temas máis complexos e o mesmo tempo máis interesantes, foime de unha gran axuda a claridade da persoa que veu impartir a conferencia, xa que me axudou a interiorizar  términos e conceptos e a establecer un pouco de orde en canto ás Competencias profesionais, ós requisitos para acreditar as competencias, así como os procedemdementos para acredirtalos, pois non sempre teñen que ser mediante a vía formativa, senon tamén a través da experiencia laboral e poder chegar a obter así o Certificado de profesionalidade.

En canto ó tema de política social e de emprego na Unión Europea, o que máis agradezco e a enorme fonte de recursos e páxinas webs de información e asesoramento que a conferenciante nos facilitou en canto a emprego, prácticas e becas na Unión Europea, xa que como orientadores/as, tendo o coñecemento de estas webs, e estando o corriente do que nelas se publica, e dandoas acoñecer ás persoas que orientamos interesadas en moverse por Europa o noso traballo pode ser moi exitoso.

Algo do que tiña moi pouco coñecemento como orientadora para poder asesorar e a iniciativa emprendedora como forma d acceso ao mercado laboral, tema que me encantou, pois en grupo a través do método CANVAS diseñamos os primeiros pasos da nosa empresa. Despertouse unha gran curiosidade en mín sobre a iniciativa emprendedora, posto que considero que na crise  en que estamos pode ser a única saída profesional, e de mellora a nivel social.



En canto ó modulo transversal aplicado ás novas tecnoloxías, teño que recoñecer que teñen unha gran importancia de cara a busqueda de emprego, e estar ó tanto de todas as novas que van saindo. Pois estamos na época da información rápida e continuada, e os que non nos poñamos ó corrente coas novas tecnoloxías quedamonos completamente fóra de todo. Para min o twiter, blogger,  o google + son novas ferramentas que me estou iniciando no seu manexo e que constituen un reto cada día. 

Enlaces de interés: